Benjamin Spock

Benjamin McLane Spock nado en New Haven (Connecticut) o 2 de maio de 1903 e finado en La Jolla o 15 de marzo de 1998, foi un pediatra estadounidense cuxo libro ''The Common Sense Book of Baby and Child Care'' publicado en 1946 é un dos maiores ''best-sellers'' de todos os tempos.

A súa revolucionaria mensaxe a todas as nais era «vostede sabe máis do que cre». Spock foi o primeiro pediatra en estudar psicanálise para tratar de comprender as necesidades infantís e a dinámica familiar. As súas ideas sobre o coidado infantil permitiron a varias xeracións de pais ser máis flexibles e afectuosos cos seus fillos, e tratalos como individuos, nun contexto en que a sabedoría tradicional propugnaba o uso da disciplina, e que por exemplo os bebés non deben ser "consentidos" alzándoos cando choran.

Spock foi ademais medalla de ouro en remo nos Xogos Olímpicos de París 1924. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 2 kết quả của 2 cho tìm kiếm 'Benjamin Spock', tempo de consulta: 0.04s Limitar resultados
1
por Benjamin Spock
Publicado 2003
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ
2
por Benjamin Spock
Publicado 2024
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
Ligazón do recurso