Fiódor Dostoievski

dereita Fiódor Mikhailovich Dostoievski (en ruso Фёдор Миха́йлович Достое́вский), nado en Moscova o 11 de novembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 9 de febreiro de 1881, foi unha das máis importantes personalidades da literatura rusa. A súa obra tivo un efecto profundo e perdurable na literatura do século XX.

As súas novelas mostran a miúdo personaxes vivindo en condicións sociais e mentais extremas, e exploran a psicoloxía humana, analizando a un tempo a situación política, social e moral da Rusia do seu tempo. É considerado por algúns intelectuais como o precursor do existencialismo polas súas ''Memorias do subsolo'', segundo Walter Kaufmann "a mellor abertura para o existencialismo que se escribiu nunca".

É considerado un dos máis grandes escritores de Occidente e da literatura universal. Del dixo Friedrich Nietzsche: «Dostoievski, o único psicólogo, por certo, do cal se podía aprender algo, é un dos accidentes máis felices da miña vida». José Ortega y Gasset escribiu: «En tanto que outros grandes declinan, arrastrados cara ao ocaso pola misteriosa resaca dos tempos, Dostoievski instalouse no máis alto».

A bibliografía de Fiódor Dostoievski consta de trece novelas, tres novelas curtas, dezasete contos e moitas outras obras. Os seus escritos foron moi lidos tanto dentro como fóra da súa Rusia natal e influíron nun número igualmente grande de escritores posteriores, entre eles rusos como Aleksandr Solzhenitsyn e Anton Chekhov, os filósofos Friedrich Nietzsche, Albert Camus e Jean-Paul Sartre, e o xurdimento do existencialismo e o freudianismo. Os seus libros traducíronse a máis de 170 idiomas e serviron de inspiración para moitas películas.

Obras súas traducidas á lingua galega son ''A lenda do gran inquisidor'' (Xerais, 1998; traducida por Alexandra Koss), ''Crime e castigo'' (Editorial Galaxia, 2003; traducida por Ekaterina Guerbek) e o relato "Un nadal e unha voda", incluído no volume ''O conto ruso do XIX. De Puxquin a Tolstói'' (Ir Indo, 1997). Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 6 kết quả của 6 cho tìm kiếm 'Dostoievski', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
1
por Dostoievski
Publicado 1936
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường CĐ Kỹ Thuật Cao Thắng
2
por Dostoievski, Fedor Mikhailovich
Publicado 2017
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
3
por Dostoievski, Fedor Mikhailovich
Publicado 2017
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
4
por Dostoievski, Fedor Mikhailovich
Publicado 2017
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
5
por Dostoievski, F.M.
Publicado 2019
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
6
por Dostoievski F.M
Publicado 2006
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường CĐ Kỹ Thuật Cao Thắng