Enrico Fermi

Casa natal de Fermi na Vía Gaeta 19 de Roma. Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano naturalizado estadounidense, coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e as súas contribucións ao desenvolvemento da teoría cuántica, a física nuclear, a física de partículas e a mecánica estatística. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 polos seus traballos sobre a radioactividade inducida, e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX. Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University.

Foi definido como o arquitecto da era nuclear e da bomba atómica, tendo colaborado nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan). Descubriu as reaccións no núcleo producidas por neutróns con movemento lento, e observou que estes eran absorbidos máis facilmente polo núcleo atómico que as partículas aceleradas. Investigou a teoría da estrutura fina dos espectros e a formación dos raios cósmicos. Entre as súas obras destácase ''Elementary Particles'' (1951).

Foi un dos poucos físicos da era moderna a combinar a teoría coa experiencia. Recoñeceselle como un físico con grandes capacidades tanto no plano teórico como experimental. O elemento Fermio, que foi producido de forma sintética en 1952, foi nomeado no seu honor.

A medicina moderna, que usa isótopos radioactivos para o diagnóstico e o tratamento de enfermidades, é debedora do seu traballo. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 1 kết quả của 1 cho tìm kiếm 'Enrico Fermi', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
1
por Enrico Fermi
Publicado 1971
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ