Erasmus Darwin

Casa de Darwin en Lichfield, agora un museo dedicado á súa vida e obra. Erasmus Darwin, nado en Elston o 12 de decembro de 1731 e finado en Breadsall o 18 de abril de 1802, foi un médico e pensador inglés. Foi un dos pensadores clave da Ilustración inglesa, e tamén un filósofo natural, fisiólogo, abolicionista do comercio de escravos, inventor e poeta. Os seus poemas incluían moita historia natural, como o tema da evolución e a relación entre todas as formas de vida. Foi membro da familia Darwin–Wedgwood, da que forman parte os seus netos Charles Darwin e Francis Galton. Darwin foi un membro fundador da Sociedade Lunar de Birmingham, un grupo de discusión de industrialistas pioneiros e filósofos naturais. Rexeitou unha invitación do rei Xurxo III para ser médico do rei.

A Erasmus Darwin House, a súa casa en Lichfield, foi convertida en museo dedicado a el e a súa obra. Unha escola preto de Chasetown convertida en Academia financiada polo estado leva o nome de Erasmus Darwin Academy. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 1 kết quả của 1 cho tìm kiếm 'Erasmus Darwin', tempo de consulta: 0.19s Limitar resultados
1
por Erasmus Darwin
Publicado 1979
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ