Franz Kafka

Kafka con 5 anos (1888) Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A súa obra, das máis influentes da literatura universal, é unha das pioneiras na fusión de elementos realistas con fantásticos e ten como principais temas os conflitos paternofiliais, a ansiedade, o existencialismo, a brutalidade física e psicolóxica, a culpa, a filosofía do absurdo, a burocracia e as transformacións espirituais.

Escribio as novelas ''O proceso'' (''Der Prozeß''), ''Das Schloß'' (''O castelo'') e ''Amerika'' (ou ''Der Verschollene''), a novela curta ''A metamorfose'' (''Die Verwandlung'') e un gran número de relatos curtos. Ademais deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos. O seu peculiar estilo literario foi comunmente asociado coa filosofía artística do existencialismo —ao que influíu— e o expresionismo. Os estudosos de Kafka discuten sobre como interpretar ao autor; algúns falan da posible influencia dalgunha ideoloxía política antiburocrática, dunha relixiosidade mística ou dunha reivindicación da súa minoría etnocultural, mentres outros se fixan no contido psicolóxico das súas obras. As súas relacións persoais tamén tiveron grande impacto na súa escritura, particularmente o seu pai (''Carta ao pai''), a súa prometida Felice Bauer (''Cartas a Felice''), a súa irmá (''Cartas a Ottla'') e a súa amiga Milena Jesenská (''Cartas a Milena'').

Albert Camus, Jean-Paul Sartre, Jorge Luis Borges e Gabriel García Márquez atópanse entre os escritores influídos pola obra de Kafka. O termo ''kafkiano'' úsase en galego para describir situacións insólitas, polo absurdas e angustiosas, como as que se atopan nas súas obras e ten os seus equivalentes noutros idiomas. Só algunhas delas foron publicadas durante a súa vida; a maior parte, incluíndo traballos incompletos, foron publicadas polo seu amigo Max Brod, quen ignorou os desexos do autor de que os manuscritos fosen destruídos.

A maior parte dos seus traballos foron publicados postumamente. A súa forma de escribir segue sendo un desafío tanto para críticos coma para lectores, e os intentos de catalogar os seus traballos son xeralmente inadecuados. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 12 kết quả của 12 cho tìm kiếm 'Kafka, Franz', tempo de consulta: 0.05s Limitar resultados
1
por Kafka, Franz
Publicado 1992
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
2
por Kafka, Franz
Publicado 1993
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
3
por Kafka, Franz
Publicado 1992
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
4
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
5
por Kafka, Franz
Publicado 2016
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
6
por Kafka, Franz
Publicado 2017
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
7
por Kafka, Franz
Publicado 2016
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
8
por Kafka, Franz
Publicado 1993
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
9
por Kafka, Franz
Publicado 1992
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
10
por Kafka, Franz
Publicado 2003
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
11
por Kafka, Franz
Publicado 2003
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
12
por Kafka, Franz
Publicado 1992
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt