Somaly Mam
Somaly Mam (en , /mɑːm sɔmaliː/), nada na provincia de Mondulkiri en 1970 ou 1971, é unha activista camboxana en favor dos dereitos humanos, especialmente das mulleres e que se dedicou a combater o tráfico humano. Entre 1996 e 2014, Mam involucrouse en campañas contra o tráfico sexual e creou a Fundación Somaly Mam para recoller fondos en beneficio de nenas e mulleres vítimas do tráfico, o que a levou a aparecer en programas de televisión de varios países e a ser convidada a eventos internacionais.Entre 2012 e 2013 o xornal camboxano en inglés ''The Cambodia Daily'' e en maio de 2014 ''Newsweek'', presentaron informacióna en que denunciaban que as historias presentadas por Mam sobre que ela mesma fora vítima de tráfico sexual durante a súa nenez eran fabricadas. As alegacións fixeron que os directivos da súa propia Fundación iniciasen unha investigación ao contratar a Goodwin Procter, unha firma de avogados de Boston, para corroborar todos os datos que foran a principal inspiración de Mam na súa loita, así como o caso de varias das súas protexidas, que se presentaron como mulleres rescatadas da escravitude sexual. Os resultados de devandita investigación fixeron que Mam renunciase de xeito inmediato e que a Fundación fose clausurada en outubro de 2014. Dende entón continuou coas súas campañas para recoller fondos para axudar as vítimas do tráfico humano e nega que as súas historias fosen inventadas. Pola súa parte, a revista ''Marie Claire'' presentou a súa propia investigación contradicindo as versións de ''The Cambodia Daily'' e ''Newsweek''. Được cung cấp bởi Wikipedia
1
por Mam, Somaly
Publicado 2008
Publicado 2008
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso