Isaac Newton

Woolsthorpe Manor, a antiga casa de Isaac Newton e en primeiro plano a maceira entendida como a famosa árbore que o inspirou na teoría da gravidade. Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano}}) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro ''Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica'' (''Principios matemáticos da filosofía natural''), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica. Newton tamén fixo contribucións fundamentais á óptica, e comparte crédito co matemático alemán Gottfried Wilhelm Leibniz por desenvolver o cálculo infinitesimal.

Nos ''Principia'', Newton formulou as leis do movemento e da gravitación universal que formaron o punto de vista científico dominante ata que foi substituída pola teoría da relatividade. Newton utilizou a súa descrición matemática da gravidade para derivar as leis de Kepler do movemento planetario, dar conta das mareas, as traxectorias dos cometas, a precesión dos equinoccios e outros fenómenos, erradicando a dúbida sobre a heliocentricidade do Sistema Solar. Demostrou que o movemento dos obxectos na Terra e os corpos celestes poderían ser explicados polos mesmos principios. A inferencia de Newton de que a Terra é un esferoide oblato foi confirmada máis tarde polas medicións xeodésicas de Maupertuis, La Condamine e outros, convencendo á maioría dos científicos europeos da superioridade da mecánica newtoniana sobre os sistemas anteriores.

Newton construíu o primeiro telescopio reflector práctico e desenvolveu unha sofisticada teoría da cor baseada na observación de que un prisma separa a luz branca nas cores do espectro visible. Os seus traballos sobre a luz foron recollidos no seu influente libro ''Opticks'', publicado en 1704. Tamén formulou unha lei empírica de arrefriado, realizou o primeiro cálculo teórico da velocidade do son e introduciu a noción de fluído newtoniano. Ademais dos seus traballos sobre o cálculo, como matemático Newton contribuíu ao estudo das series de potencias, xeneralizou o teorema do binomio a expoñentes non enteiros, desenvolveu un método para aproximar as raíces dunha función, e clasificou a maioría das curvas cúbicas planas.

Newton foi membro do Trinity College e o segundo profesor lucasiano de matemáticas da Universidade de Cambridge. Era un cristián devoto pero pouco ortodoxo que rexeitaba en privado a doutrina da Trindade. Negouse a recibir as ordes sacras na Igrexa de Inglaterra a diferenza da maioría dos membros da facultade de Cambridge da época. Máis aló do seu traballo nas ciencias matemáticas, Newton dedicou gran parte do seu tempo ao estudo da alquimia e da cronoloxía bíblica, pero a maior parte do seu traballo nesas áreas permaneceu inédito ata moito despois da súa morte. Vinculado política e persoalmente aos partido Whig, Newton exerceu dous breves mandatos como Membro do Parlamento pola Universidade de Cambridge, en 1689-1690 e 1701-1702. En 1705 foi nomeado cabaleiro pola raíña Ana de Gran Bretaña e pasou as tres últimas décadas da súa vida en Londres, onde foi mestre da Casa da Moeda (1696-1699) e director da Casa da Moeda (1699-1727), así como presidente da Royal Society (1703-1727). Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 1 kết quả của 1 cho tìm kiếm 'Newton, Isaac, 1642-1727.', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
1
por Newton, Isaac, 1642-1727.
Publicado 1964
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt