Colin Smith

Christopher Colin Smith, nado en Brighton (East Sussex, no sueste de Inglaterra) o 27 de setembro de 1927 e finado en Cambridge o 16 de febreiro de 1997, foi un hispanista e lexicógrafo inglés, profesor de lingua e literatura españolas na Universidade de Cambridge, e tradutor ó inglés de ''Merlín e familia'', a primeira novela en galego de Álvaro Cunqueiro.

Foi unha das mais sobranceiras autoridades en Literatura medieval española no ámbito anglosaxón, e compilador do dicionario bilingüe español-inglés / inglés español de maior éxito no último terzo do século XX.

Os seus intereses abrangueron dende a arqueoloxía e entomoloxía ata a filoloxía e toponimia, ámbitos nos que destacaron a súa impecable e definitiva edición do poema do Mio Cid e o seu traballo como coeditor de ''The Place-Names of Roman Britain'', respectivamente.

Dende 1975 foi catedrático de Español no Saint Catharine's College da Universidade de Cambridge, posto que ocupou ata o seu retiro en 1990. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 2 kết quả của 2 cho tìm kiếm 'Smith, Colin', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
1
por Smith, Colin
Publicado 1993
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ
2
Outros autores: ...Smith, Colin C....
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt