Lev Tolstoi

Tolstoi con 20 anos, en 1848. O conde Lev Nikolaevich Tolstoi (en , [lʲɛv nɪkʌlajɪv'ɪtɕ tʌlˈstoj] AFI), coñecido en occidente tamén como León ou Leo Tolstoi, nado en Iasnaia Poliana o 9 de setembro de 1828 e finado en Astapovo o 20 de novembro de 1910, foi un escritor, filósofo, anarquista cristián, pacifista, reformador educativo e pensador moral ruso moi influente na literatura e política do seu país. Xunto a Fiódor Dostoievski, Tolstoi foi un dos grandes da literatura rusa do século XIX.

Nado no seo dunha familia aristocrática, Tolstói alcanzou a fama aos vinte anos coa súa triloxía semiautobiográfica, ''A infancia'' (en ruso: Детство) (romanizado: Détstvo), ''Adolescencia'' (en ruso: Отрочество, romanizado: Otrochestvo) e ''Xuventude'' (en ruso: Юность) (romanizado: Yunost) (1852–1856), e con ''Relatos de Sebastopol'' (título orixinal en ruso, Севастопольские рассказы, romanizado: Sevastopolskiye rasskazy) (1855), baseada nas súas experiencias na guerra de Crimea. A súa ''Voina i mir'' (en ruso: Война и мир) (''Guerra e paz'') (1869), ''Anna Karenina'' (1878), e ''Resurrección'' (en ruso: Воскресение, romanizado:Voskresenie) (1899), que se basea nos seus pecados de mocidade, a miúdo cítanse como cumes da ficción realista e tres das mellores novelas xamais escritas. A súa obra inclúe relatos breves como "Alyosha Gorshok" (ruso: Алёша Горшок, romanizado: Alyosha Gorshok) (1911) e "Despois do baile" ( ruso: После бала?, romanizado: Posle bala) (1911) e novelas como ''Felicidade familiar'' (1859), ''A morte de Iván Ilich'' (ruso: Смерть Ивана Ильича, Smert Ivana Ilichá) (1886), ''A sonata a Kreutzer'' (ruso: Крейцерова сонаtа, romanizado: réitzerova Sonata) (1889), ''O Demo'' (ruso: Дьявол, romanizado: Djahol) (1911), e ''Hadji Murat'' ( ruso: Хаджи-Мурат, romanizado: Jadzhí-Murat) (1912). Tamén escribiu obras de teatro e ensaios sobre temas filosóficos, morais e relixiosos.

Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo ''Tsárstvo Bózhiye vnutrí vas (no ruso pre-reformista'': ''Царство Божіе внутри васъ''; no ruso post-reforma: ''Царство Божие внутри вас''; en galego, ''O reino de Deus está dentro de ti'') ''mesmo'' que influíu en Mohandas K. Gandhi, Martin Luther King e James Bevel.

Tolstoi tamén se converteu nun firme defensor do xeorxismo, a filosofía económica de Henry George, que incorporou na súa obra, particularmente en ''Voskresenie'' (''Resurrección''). Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 14 kết quả của 14 cho tìm kiếm 'Tolstoi, Lev', tempo de consulta: 0.04s Limitar resultados
1
por Tolstoi, Lev
Publicado 2005
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ
2
por Tolstoi, Lev
Publicado 2007
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ
3
por Tolstoi, Lev
Publicado 2015
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
4
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
5
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
6
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
7
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
8
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
9
por Tolstoi, Lev
Publicado 2015
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ
10
por Tolstoi, Lev
Publicado 2015
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Trà Vinh
11
por Tolstoi, Lev.
Publicado 2005
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
12
por Tolstoi, Lev.
Publicado 2005
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
13
por Tolstoi, Lev.
Publicado 2010
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
14
por Tolstoi, Lev.
Publicado 2012
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt