Dambo

''Dambo'' é unha palabra usada para designar unha clase de complexo de terras húmidas de augas pouco profundas na África central, meridional e oriental, especialmente en Zambia e Zimbabwe.

Encóntranse xeralmente en zonas de mesetas chas que sofren grandes precipitacións e nas que se forman unha especie de pequenos ríos ramificados que poden ser non moi grandes, pero bastante numerosos, que se unen entre si nunha ampla zona. Por exemplo, calcúlase que os ''dambos'' constitúen o 12,5 % da superficie de Zambia.

Palabras africanas con significados similares son ''mbuga'' (comunmente empregada en África oriental), ''matoro'' (Mashonaland), ''viei'' (Suráfrica), ''fadama'' (Nixeria) e ''bolis'' (Serra Leoa). O termo francés ''bas-fond'' e o alemán ''Spültal'' tamén se suxeriron para referirse ás zonas húmidas herbáceoa similares. Estas palabras teñen, por tanto, significados parecidos aos da galega braña. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 1 kết quả của 1 cho tìm kiếm 'Dambo', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
1
por Dambo
Publicado 2003
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ