Richard Griffiths

Richard Griffiths nado o 31 de xullo de 1947 en Thornaby-on-Tees (Yorkshire) e finado o 28 de marzo de 2013 en Coventry, foi un actor inglés de teatro, cinema e televisión condecorado coa Orde do Imperio Británico. Recibiu o Laurence Olivier Award como mellor actor, o Drama Desk Award como mellor actor en escena, o Outer Critics Circle Award de mellor actor e un Premio Tony á mellor actuación como actor principal, todo para o seu papel na obra ''The History Boys''. Tamén foi coñecido principalmente por encarnar a Vernon Dursley nos filmes de ''Harry Potter'', o tío Monty en ''Withnail and I'' e Henry Crabbe en ''Pie in the Sky''.

Griffiths interpretou, xunto con Daniel Radcliffe a reprodución da obra premiada Equus, de Peter Shaffer no West End de Londres. O último ano, Griffiths recibiu unha nomeamento ó BAFTA por mellor actor na súa interpretación de Héctor na adaptación cinematográfica de Nicholas Hytner sobre os The History Boys.

Griffiths foi distinguido coa Orde do Imperio Británico, outorgada pola Raíña de Inglaterra o día de Aninovo de 2008. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 1 kết quả của 1 cho tìm kiếm 'Griffiths, Richard', tempo de consulta: 0.04s Limitar resultados
1
por Griffiths, Richard
Publicado 2014
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso