Televisión
miniatura|Aparello de televisión do ano 1948.
miniatura|Cámara de televisión no alto, utilizada para transmitir un acontecemento en directo.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas. Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse ''televisor'' ou ''aparello de televisión''. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son. A televisión empezou a comercializarse a finais da década de 1920 en forma de experimentos rudimentario, pero só despois de varios anos de desenvolvemento comercializouse entre os consumidores. Tras a segunda guerra mundial, popularizouse no Reino Unido e nos Estados Unidos unha forma mellorada de televisión en branco e negro, e os televisores convertéronse en algo habitual nos fogares, empresas e institucións, particularmente como fonte de entretemento e información, xerando unha potente industria ao seu redor. Durante a década de 1950, a televisión foi o principal medio para influír na opinión pública[1]. A mediados da década de 1960, introducíronse as emisións en cor nos Estados Unidos e na maioría dos demais países desenvolvidos. A dispoñibilidade de varios tipos de medios de almacenamento de arquivos, como cintas Betamax e VHS, Laserdiscs, unidades de disco duro de alta capacidade, CDs, DVDs, unidades flash, HD DVDs e Blu-ray Discs de alta definición, e gravadoras de vídeo dixital na nube permitiu aos espectadores ver material pregrabado -como películas- na casa segundo o seu propio horario. Por moitas razóns, especialmente a comodidade da recuperación a distancia, o almacenamento da programación de televisión e vídeo agora tamén se produce na nube (como o servizo de vídeo á carta de Netflix). A finais da primeira década do 2000, as transmisións de televisión dixital aumentaron enormemente a súa popularidade. Outro avance foi o paso da televisión de definición estándar (SDTV) (576i, con 576 liñas de resolución entrelazadas e 480i) á televisión de alta definición (HDTV), que proporciona unha resolución substancialmente maior. A televisión de alta definición pode transmitirse en distintos formatos: 1080p, 1080i e 720p. Desde 2010, coa invención da televisión intelixente, a televisión por Internet aumentou a dispoñibilidade de programas de televisión e películas a través de Internet mediante servizos de vídeo baixo demanda como Netflix, Amazon Prime Video, BBC iPlayer e Hulu.
En 2013, o 79% dos fogares do mundo posuían un televisor. A substitución das anteriores pantallas de tubo de raios catódicos (CRT) por tecnoloxías alternativas de pantalla plana, compactas e de baixo consumo, como as LCD (tanto fluorescentes retroiluminadas como LED), as pantallas OLED e as pantallas de plasma foi unha revolución do hardware que comezou cos monitores de computador a finais da década de 1990. A maioría dos televisores vendidos na década de 2000 eran de pantalla plana, principalmente LED. Os principais fabricantes anunciaron o abandono das pantallas CRT, Digital Light Processing (DLP), de plasma e mesmo das LCD retroiluminadas por fluorescencia a mediados da década de 2010. Nun futuro próximo, espérase que os LED sexan substituídos gradualmente polos OLED. Ademais, os principais fabricantes anunciaron que producirán cada vez máis televisores intelixentes a mediados de 2010. Os televisores intelixentes con funcións integradas de Internet e Web 2.0 convertéronse na forma dominante de televisión a finais da década de 2010.
Inicialmente os sinais de televisión distribuíronse só como televisión terrestre utilizando transmisores de televisión de radiofrecuencia de alta potencia para transmitir o sinal a receptores de televisión individuais. Alternativamente, os sinais de televisión distribúense por cable coaxial ou fibra óptica, satélite e, desde a década de 2000, por Internet. Ata principios da década de 2000, transmitíanse como sinais analóxicas, pero esperábase que a transición á televisión dixital se completase en todo o mundo a finais da década de 2010. Un televisor estándar consta de varios circuítos electrónicos internos, incluído un sintonizador para recibir e descodificar os sinais de emisión. Un dispositivo de visualización que carece de sintonizador denomínase correctamente monitor de vídeo e non televisor.
Ademais do seu uso como emisión para o público a televisión úsase como circuíto pechado de televisión e para a televisión afeccionada. A televisión é un medio masivo de entretemento, noticias deportes e publicidade. Được cung cấp bởi Wikipedia
1
2
3
4
5
6
7
8
Thư viện lưu trữ:
Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
9
10
11
12
por de Almeida, A.T, Cavalcante, C.A.V, Alencar, M.H, Ferreira, R.J.P, de Almeida-Filho, A.T, Garcez, T.V
Publicado 2015
Publicado 2015
Thư viện lưu trữ:
Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
Ligazón do recurso
13
por N.Q. Huy
Outros autores:
“...T.V. Luyen...”
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Trường Đại học Thủ Dầu Một
Ligazón do recurso
14
por Đề Bá Khải
Publicado 1980
Publicado 1980
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
15
por Vũ Đình Phòng
Publicado 1979
Publicado 1979
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
16
por Gonbraikh. Z.E
Publicado 1980
Publicado 1980
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
17
por Nguyễn Chí Dũng
Publicado 1986
Publicado 1986
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
18
por Lê Nguyên
Publicado 1985
Publicado 1985
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
19
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
20
por Nguyễn Đình Chú
Publicado 1981
Publicado 1981
Thư viện lưu trữ:
Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp