Rabindranath Tagore

A casa de Tagore en[[Shilaidaha Rabindranath Tagore (), nome anglicizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर), nado en Calcuta o 7 de maio de 1861 e finado en Calcuta, India, o 7 de agosto de 1941, foi un polímata indio que destacou como poeta, escritor, dramaturgo, compositor, filósofo, reformador social e pintor. Reformou a literatura e a música bengalí, así como a arte india co modernismo contextual a finais do século XIX e principios do XX. Autor da poesía "profundamente sensible, fresca e bela" de ''Gitanjali'', converteuse en 1913 no primeiro non europeo e o primeiro letrista en gañar o Premio Nobel de Literatura. As cancións poéticas de Tagore eran vistas como espirituais e impredicibles; con todo, a súa "prosa elegante e a súa poesía máxica" seguen sendo descoñecidas fóra de Bengala. Foi membro da Royal Asiatic Society. Coñéceselle como "o bardo de Bengala", Tagore era coñecido polos alcumes: Gurudeb, Kobiguru, Biswokobi. }}

Foi un brahman e zamindar (aristócrata) bengalí de Calcuta con raíces ancestrais nos distritos de Bardhaman e Jessore, Tagore escribiu poesía cando tiña oito anos. Á idade de dezaseis anos, publicou os seus primeiros poemas importantes baixo o pseudónimo de ''Bhānusiṃha'' ("León do Sol"), que foron tomados polas autoridades literarias como clásicos perdidos. En 1877 publicou os seus primeiros relatos curtos e obras dramáticas co seu verdadeiro nome. Como humanista, universalista, internacionalista e ardente crítico do nacionalismo, denunciou ao Raj Británico e defendeu a independencia de Gran Bretaña. Como expoñente do renacemento bengalí, abarcou un amplo canon que comprendía pinturas, bosquexos e garabatos, centos de textos e unhas dúas mil cancións; o seu legado tamén perdura na súa fundación da Universidade Visva-Bharati.

Tagore modernizou a arte bengalí rexeitando as ríxidas formas clásicas e resistíndose ás restricións lingüísticas. As súas novelas, relatos, cancións, dramas-danza e ensaios abordaron temas políticos e persoais. As súas obras máis coñecidas son ''Gitanjali'' (''Ofrendas de cancións''), ''Gora'' (''A cara bonita'') e ''Ghare-Baire'' (''O fogar e o mundo''). Os seus versos, relatos e novelas foron aclamados -ou criticados- polo seu lirismo, coloquialismo, naturalismo e contemplación antinatural. Dúas nacións elixiron as súas composicións como himnos nacionais: O "Jana Gana Mana" da India e o "Amar Sonar Bangla" de Bangladesh. O himno nacional de Sri Lanka inspirouse na súa obra. Được cung cấp bởi Wikipedia
Đang hiển thị 1 - 8 kết quả của 8 cho tìm kiếm 'Tagore, Rabindranath', tempo de consulta: 0.06s Limitar resultados
1
por Tagore, Rabindranath
Publicado 2017
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Lê Vũ Hùng, Trường Đại học Đồng Tháp
2
por Tagore, Rabindranath
Publicado 2013
Thư viện lưu trữ: Trung tâm Học liệu Trường Đại học Cần Thơ
3
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
4
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
5
por Tagore, Rabindranath
Publicado 2001
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
6
por Đỗ Khánh Hoan
Publicado 1996
Outros autores: ...Tagore Rabindranath...
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
7
por ..., Nguyễn Hữu Dũng
Publicado 1998
Outros autores: ...Tagore, Rabindranath...
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt
8
por ..., Nguyễn Hữu Dũng
Publicado 1997
Outros autores: ...Tagore, Rabindranath...
Thư viện lưu trữ: Thư viện Trường Đại học Đà Lạt